Menú
Menú

O GANAPÁN DO MERCADO

O ganapán é o novo espazo infantil do Mercado de Pontevedra, que nace coa vontade de facilitar a conciliación familiar dos traballadores e traballadoras da praza e fomentar a asistencia do público familiar da boa vila ao Mercado.

O ganapán non é SÓ unha ludoteca

é un espazo para o achegamento das familias ao tecido produtivo da terra e do mar, ao comercio de proximidade, á produción ecolóxica e á cultura natural que habita os mercados tradicionais coma o da nosa cidade.

No ganapán

haberá actividades lúdicas e didácticas: obradoiros artísticos, gastronómicos, medioambientais, musicais, literarios... que terán os oficios do mar e da terra como fío condutor.

No ganapán 

faremos un horto ecolóxico, coñeceremos a redeiras, bateeiros, mariñeiros, peixeiras, labregos e labregas, carniceiros, floristas...

No ganapán

faremos pan, doces de antroido, de outono e de nadal, petiscos mariños...

Tamén nos acompañarán poetas, pintoras, fotógrafas e outros creadores que se inspiran na súa arte cos peixes e o mar.

E tamén nós seremos artistas, pintaremos coa tinta dos chocos, faremos esculturas con hortalizas e legumes, aprenderemos a reciclar, escoitaremos contos e faremos o noso propio xornal.

Animádevos a visitar o Mercado!

Agardámosvos no primeiro andar!

 

Velaquí un resumo do que fixemos este Nadal:

Podedes seguirnos nas seguintes redes sociais

facebook.com/oganapandomercado

Perfil de Instagram: oganapan