Menú
Menú

ACTIVIDADES EN MAIO

Maio

Velaquí as actividades para este mes, que dedicamos ás letras galegas. Lembrade que todas requiren inscrición previa por email: oganapan@omercado.gal ou o teléfono: 604 024 645.

 

Sábado 6 

Caligramas mariños- Obradoiro artístico-literario 

Empezamos o mes das letras no ganapán! E imos comezar cunha proposta moi especial, facendo caligramas mariños a partir de distintos poemas galegos que falan do mar. Probaremos distintos tipos de plumas, pinceis e tintas de todo tipo… ata de choco e de lura! Vainos quedar o noso espazo ben poético. Que non sabedes que é un caligrama? Pois ben fácil, vides o sábado ás 12,00 ao Mercado e comprobádelo. Este obradoiro está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos.

 

 

O sábado 20

Seguimos co ciclo de obradoiros familiares GANAPÁN GOURMET. Nesta ocasión, faremos un obradoiro de cociña de primavera, cos mellores produtos do mercado de tempada. No mes de maio tamén hai moitas flores... E se tamén cociñamos con elas? Animádesvos? 

 

O sábado 27

Os contos do ganapán!

No ganapán temos unha biblioteca chea de contos para lerdes cando nos vides visitar ou levardes para a vosa casa. Mais este sábado imos darlle vida cunha sesión de contacontos moi especial, con contos da terra e do mar. E non só vai ser ler e escoitar, tamén os imos... ilustrar!