Menú
Menú

PROGRAMACIÓN ESCOLAR

O ganapán do Mercado acollerá, a partir do mes de febreiro, visitas escolares todos os venres, en horario de 10,00 a 11,30 h. e de 12,00 a 13.30 h.

Para optar ás visitas, cómpre reservar praza a través do teléfono 604 024 645 ou do email: oganapan@omercado.gal

As visitas, que terán unha duración de hora e media e son totalmente gratuítas, están concibidas para grupos de Educación Infantil (5 anos) e primeiro ciclo de Educación Primaria, ata un máximo de 25 participantes por sesión.

A finalidade destas visitas é que os escolares coñezan o Mercado, o edificio e a xente que traballa nel, pero sobre todo o que os mercados tradicionais supoñen: comercio de proximidade, produtos de calidade, desenvolvemento de economías sustentables que ollan cara o cerne da nosa identidade: o mar e a terra.
 
Falaremos da diferenza entre un mercado e e un supermercado, explicaremos que é unha loxa, para que serve e como funciona, o ciclo produtivo do peixe... Coñeceremos de primeira man a mulleres e homes que traballan neste edifico emblemático, que nos amosarán os seus produtos de tempada, que se pode mercar fresco en cada época do ano, que aspecto teñen que ter os alimentos para saber que son frescos...
 
Dependendo das idades dos visitantes realizaremos xincanas ou desenvolveremos propostas de creación plástica a partir da reciclaxe e reutilización de produtos das distintas partes da cadea produtiva dos alimentos. Os contos e a música terán, tamén, o seu protagonismo nas actividades con escolas, así como a gastronomía e a nutrición, xa que todas as visitas acabarán con degustacións. 

Podedes seguirnos nas seguintes redes sociais

facebook.com/oganapandomercado

Perfil de Instagram: oganapan

E a nosa banda sonora está xa en Spotify, na playlist: O ganapán