Menú
Menú

PROGRAMACIÓN FAMILIAR

Botábadesnos de menos? Nós a vós... moito! Tanto é así que no ganapán decidimos abrir, a partir de febreiro, todos os sábados para compartir con vós máis e mellores actividades gastronómicas, artísticas, musicais...

 

**Febreiro será o mes destinado ao Entroido, e todas as actividades do ganapán estarán vinculadas a esta festividade.

-Sábado 4: A inauguración desta nova etapa arrancará cun concerto, de Magín Blanco, TODOS SOMOS GANAPÁNS, o sábado 4 de marzo as 12,00 horas.

-O sábado 18: iniciaremos un ciclo de obradoiros familiares A TERRA E NÓS (actividade para acudiren pais/nais coas crianzas) destinados a creación de hortos ecolóxicos no fogar: como cultivarmos tomates, hortalizas, herbas aromáticas... na nosa casa. Os obradoiros, que se desenvolverán os terceiros sábados de cada mes de febrero a abril, serán impartidos por Pura Seoane, responsable de Hortasán, e rematarán cunha visita á Casa do Campo de Vedra, a granxa ecolóxica que traballa.

  -O sábado 25: teremos, dentro do ciclo de actividades GANAPÁN GOURMET un obradoiro de cociña: Sobremesas de Entroido, unha xornada filloeira a cargo da Creperie Crecote de Pontevedra.

 

**Marzo será o mes da muller no ganapán, e as actividades do mes estarán destinadas a visibilizar, dignificar e reivindicar o papel da muller nos oficios do mar e da terra.

-Sábado 4: O GANAPÁN GOURMET renderá un homenaxe ás cociñeiras de toda a vida, as mulleres que con maña e agarimo traballaron nas cociñas, quer na casa quer fóra dela, e nunca saíron nos programas de máxima audiencia da televisión. Teremos un obradoiro de empanadas.

-Sábado 18: Segunda xornada de A TERRA E NÓS con Pura Seoane

-Sábado 25: Comeza o ciclo de actividades mariñas O MAR E MAIS NÓS, destinadas ao coñecemento das especies mariñas. Esta primeira sesion irá destinada ás mulleres científicas galegas, en especial a Ángeles Alvariño, precursona na investigación oceanográfica mundial.

 

**Abril será o mes das artes galegas

-Sábado 1: Para celebrar o día das Artes Galegas, dedicado este ano a Maruja Mallo, faremos o obradoiro de creación plástica METADE ANXO, METADE MARISCO, explorando o imaxinario creativo da xenial pintora galega.

-Sábado 15. Terceira xornada de A TERRA E NÓS con Pura Seoane, que rematará coa visita á granxa de Hortasán en Vedra.

-Sábado 22- Acabamos este mes con outra actividade no GANAPÁN GOURMET, esta vez cun obradoiro de repostería saudable, a cargo da panadería e bolería A Artesa. Faremos galletas de espelta con cacao e outras saborosísimas receitas.

-Sábado 29- Para dar a benvida á estación que chegar, Yolanda Valcárcel, da Tenda da Gata, fará para as crianzas o obradoiro gastronómico COCIÑA DE PRIMAVERA, con legumes, froitas e hortalizas de tempada.

 

Podedes seguirnos nas seguintes redes sociais

facebook.com/oganapandomercado

Perfil de Instagram: oganapan

E a nosa banda sonora está xa en Spotify, na playlist: O ganapán